Laracha | En marcha as obras de mellora da rede de saneamento da rúa Feal, en Paiosaco

0 minutes read
  • As intervencións, que se centran na ampliación da canalización, están financiadas con fondos municipais

O Concello da Laracha está acometendo as obras de ampliación e mellora da rede de saneamento da rúa Feal, no núcleo urbano de Paiosaco. Unha actuación financiada integramente con fondos municipais.

As intervencións céntranse na ampliación da canalización, a creación de pozos de rexistro para a correcta realización dos mantementos e a instalación dun sistema de bombeo. Isto permitirá dar solución á pendente da zona e conectala coa rede xeral para derivar as augas residuais á estación depuradora do Formigueiro.