O Concello asume o transporte urbano ata o aeroporto

Imaxe dunha Xunta de Goberno en Santiago

  • As tarifas para as novas paradas serán as de aplicación no transporte urbano

A Xunta de Goberno local acordou ordear á actual concesionaria do transporte colectivo urbano de viaxeiros UTE TRAPSA-AULUSA que, a partir do vindeiro 23 de decembro de 2020 e ata a adxudicación do novo contrato do servizo, realice a prestación do mesmo ao aeroporto de Santiago, integrando este percorrido na actual liña 6 de transporte urbano (San Marcos – Os Tilos).

As tarifas para estas novas paradas serán as de aplicación no transporte urbano, sendo tamén válidos os mesmos títulos de viaxe que se poden empregar nas restantes liñas da rede.

Sobre a retribución á empresa concesionaria, actualmente a liquidación anual do servizo segue realizándose de acordo co establecido no contrato e no prego de cláusulas administrativas e técnico-económicas particulares que rexían esa licitación. En base a estas variables, a compensación que deberá aboar o Concello ao operador estímase en 741.838,19 € anuais.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha