O Concello de Ponteceso remata o arranxo dunha pista na parroquia de Pazos

O Concello de Ponteceso continúa co seu plan de mellora das diferentes aldeas do rural do municipio e, nesta ocasión, vén de completar a renovación da pista que une a Cooperativa de Pazos e a zona de Vimieiro.

A obra consistiu na mellora do firme desta pista, que estaba deteriorado polo paso do tempo e do tráfico. As actuacións completáronse, ademais, coa renovación da sinalización.

O alcalde, José Manuel Mato, sinala que o obxectivo destes traballos é garantir «que as vías e estradas de titularidade municipal estean no mellor estado posible» e apunta, ademais, a importancia de acondicionar este camiño para mellorar a calidade de vida da veciñanza.

O rexedor fai fincapé en que “dende o goberno local traballamos cada día para mellorar as infraestruturas do noso rural, buscando que os nosos veciños e veciñas gocen das mellores infraestruturas posibles”.

Related posts

A Laracha abre a inscrición para participar na nova edición do programa municipal Andainas de Outono

Os socialistas de Corcubión denuncian un elevado número de duplicidades nos recibos do lixo

Carballo inicia unha nova etapa con Daniel Pérez como alcalde