A Laracha formará dúas brigadas municipais contra incendios coa contratación de 10 persoas

Concello de A Laracha

  • Un total de 44 persoas solicitaron formar parte do procedemento selectivo

Continúa aberto na Laracha o proceso de selección, por concurso oposición, de dez persoas que formarán as dúas brigadas municipais de prevención, vixilancia e defensa contra incendios que estarán operativas durante un período de tres meses coincidindo coa época estival. Cada unha das cuadrillas estará formada por un xefe de brigada, un peón-condutor e tres peóns de brigada. Presentáronse a estes postos un total de 44 persoas.

A fase de concurso consistirá na valoración da experiencia profesional e a formación de cada aspirante. A fase de oposición consta dun exercicio de aptitudes físicas, un exame teórico tipo test e, de ser o caso, a proba de coñecemento da lingua galega se non se acredita o seu coñecemento. Ademais das dez persoas que serán contratadas, tamén se formará unha bolsa de reserva para cubrir posibles baixas.

Nos próximos días publicaranse na web do Concello as listaxes provisionais de admitidos e excluídos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha