O Concello converterá o Portiño nun referente do surf internacional

O pazo municipal de María Pita acolleu unha rolda de prensa en que se presentou material audiovisual inédito dos adestramentos que unha expedición de surfistas profesionais realizaron a pasada fin de semana no Portiño para inspeccionaren a onda grande a onda xigante que alí ten lugar. Neste acto de presentación participaron a concelleira de Deportes, Mónica Martínez, o vicepresidente da Federación Galega de Surf, Marcos Pita López, o xerente de Fesurfing, Lourenço Chaves de Almeida, o presidente Fesurfing, Carlos García, o propietario da escola After Surf, José Luis Díaz, e o surfista profesional Eric Rebière. A concelleira sinalou que A Coruña acollerá o Campionato de España de Onda Grande, tamén no Portiño, á volta das vacacións de Nadal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha