A Coruña convertirá a tarxeta Millenium nunha verdadeira identidade dixital

Autobús Coruña

  • A tarxeta poderá levarse no teléfono móbil e simplificaranse trámites como a adquisición de entradas ou o acceso a instalacións deportivas

O Concello de A Coruña potenciará o uso da identidade dixital da cidadanía para o uso dos servizos municipais en que se lle requira unha autenticación, ou para o pago de actividades ou taxas. Bastará con rexistrarse facilitando unha conta de correo / móbil ou ben utilizando as credenciais de acceso dalgunha rede social (Twitter, Google, Facebook) que xa teña a persoa usuaria. Non estará necesariamente vinculada a un soporte físico, polo que se poderá levar no teléfono móbil e con ela, a veciñanza poderá reservar, pagar e acceder a instalacións deportivas e espazos municipais, adquirir entradas para os museos en liña ou inscribirse no programa de lecer dos centros cívicos.

A identidade dixital incorpora un código QR que se poderá xerar desde calquera teléfono móbil (Android / IOS) e que permitirá o acceso aos servizos municipais. Os trámites para obter a Tarxeta Millennium, que agora precisan de cita previa e do desprazamento das persoas usuarias a algunha oficina municipal, tamén se simplificarán, xa que tanto as novas solicitudes como as substitucións por deterioro ou perda da tarxeta se realizarán a través de Internet.

O proxecto, que se vai a licitar nos vindeiros días por importe de 200.000 euros, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020. Actualmente, a app Millennium, que permite pagar o autobús urbano, está en fase piloto cun total de 250 persoas usuarias que o Concello duplicará até os 500 co fin de que se estenda o seu uso e se faciliten os trámites administrativos.