O Concello coruñés acometerá traballos de saneamento en catro novas rúas da Zapateira


A concellaría de Urbanismo, Mobilidade, Vivenda e Infraestruturas ten previsto comezar en próximas datas os traballos de saneamento da rúa Marsella. Trátase unha actuación cun orzamento total de 372.29,64 euros, dos que o POS achega 157.498,81 euros e o Concello os 214.530,83 euros restantes. Outras labores de saneamento que xa están en fase de licitación son as da rúa Amberes, que serán financiadas polo POS e contan cun orzamento de 86.836,88 euros. Por último, tamén están previstos traballos nas rúas Salzburgo e Roma, cun orzamento de 289.336,47 euros.

Ademais de emprender as obras oportunas de saneamento, o Concello tamén realiza unha actuación completa sobre a rúa, creando unha plataforma única na que se diferencie a zona peonil da calzada, sempre que sexa posible. En caso contrario, urbanízase ata os límites coas vivendas e canalízanse as beiras das vías para evitar zonas de maleza e acumulación de augas.