O Concello da Baña fomentará a atención telefónica e telemática

1 minutes read

O Concello da Baña vai fomentar a atención á veciñanza por medios telemáticos ou telefónicos na medida do posible, para cumprir coa nova normativa motivada pola COVID-19, sen prexuízo daquelas oficinas de servizos de carácter esencial.

As citas asignaranse coa frecuencia precisa para que estean o menor numero posible de persoas nas oficinas. En todo caso, esta atención realizarase de xeito individual, e sempre mantendo unha distancia mínima de 2 metros coas demais persoas que se atopen nas dependencias, sexan veciños ou persoal do concello. O tempo de permanencia no interior das oficinas deberá ser inferior a 15 minutos.

Esta medida tómase para evitar a propagación do coronavirus entre a poboación e para cumprir coa normativa en vigor. O alcalde agarda que a veciñanza da Baña comprenda estas limitacións e siga colaborando como o veu facendo ata o de agora, respectando as recomendacións das autoridades sanitarias.