O Concello da Baña reforza a iluminación do campo de fútbol municipal

Fíxoo coa instalación de catro novos focos led, unha actuación que permitirá mellorar notablemente a visibilidade tanto para os adestramentos como para a celebración de partidos. A intervención supuxo un investimento de 5.832,50 euros con fondos propios municipais,, apostando por unha solución máis eficiente e sostible. Os novos sistemas de iluminación consomen ata un 80% menos de electricidade que as pantallas tradicionais, contribuíndo así á redución do gasto enerxético e á mellora da eficiencia das instalacións deportivas. Con esta actuación, o Concello da Baña continua a traballar na mellora das infraestruturas municipais para a práctica deportiva da veciñanza.

Related posts

A Área de Igualdade da Deputación da Coruña levou a Mazaricos o proxecto ‘A ditadura é un señor con bigote’

Cerceda reivindica a reindustrialización como fonte de emprego nunha xornada do programa ActivaVerde

A Garda Civil establece un plan de vixilancia especial sobre motoristas na provincia da Coruña