O Concello da Coruña abre o prazo de inscrición para participar no programa Idiomas do Mundo

1 minutes read

Concello da Coruña, a través da Concellaría de Educación, Memoria Histórica, Innovación, Industria e Emprego que dirixe Jesús Celemín, acaba de abrir o prazo de inscrición para a solicitude de prazas no programa educativo Idiomas do Mundo 2022, que ofrecerá ao estudantado coruñés en primeiro ano de Bacharelato a oportunidade de realizar unha actividade de inmersión lingüística durante este verán.

O programa Idiomas do Mundo, en compás de agarda durante as dúas últimas edicións por razóns de prevención sanitaria no contexto da pandemia, retómase este ano con 60 prazas para estadías de catro semanas, preferentemente durante o vindeiro mes de xullo, en países da Unión Europea. As prazas para os beneficiarios serán distribuidas entre países de lingua inglesa (Irlanda: 37 prazas), francesa (Francia: 10 prazas), portuguesa (Portugal: 10 prazas) e alemá (Alemaña ou Austria: 3 prazas).

Será imprescindible que a candidata ou candidato estén empadroados no Concello da Coruña xunto á súa nai, pai ou representante legal. Ademais, no momento da inscrición deberán estar cursando, no réxime xeral, o primeiro ano de Bacharelato correspondente ao curso 2021-22 nun centro escolar da cidade da Coruña.