O Concello da Coruña acomete as obras para a peonalización definitiva da rúa San Leopoldo

1 minutes read

A peonalización definitiva da rúa San Leopoldo, situada na Agra do Orzán, chega despois dunha experiencia piloto, vixente na actualidade, que comezou no Nadal do ano 2020, consensuada con cidadáns e comerciantes do barrio para favorecer a mobilidade polo distrito. As obras de reurbanización permitirán que a rúa pase a ser de plataforma única, coa colocación de árbores (11 exemplares) repartidos en zonas axardinadas que estarán localizadas na franxa central da rúa. Ademais, atendendo á solicitude da Asociación de Veciños da Agra, executaranse traballos de pintura no firme para que as pequenas e pequenos podan dispoñer e gozar de xogos infantís de carácter educativo ao aire libre. Ademais, a Concellaría de Urbanismo, Infraestruturas, Vivenda e Mobilidade que dirixe Juan Díaz Villoslada habilitará un novo acceso á praza do Comercio dende a rúa Gramela, para mellorar a mobilidade na zona.