O Concello da Coruña acomete melloras en 9 parques infantís da cidade

Concretamente, estase actuando na renovación do caucho dos parques das Lagoas, A Cubela, Oza, Monasteiro de Cines e Orquideas. Por outra banda, tamén se están facendo labores de adecuación do pavimento nas zonas infantís da praza Elíptica, do paseo das Pontes, da praza de Portugal e da praza do Parque. Estes traballos consisten no incremento do espesor do caucho e realízanse no propio parque, polo que algúns dos xogos permanecen estes días pechados. Posteriormente, aplicarase unha segunda capa de caucho, que será a que engada a cor e o debuxo do conxunto.

Estes traballos forman parte do compromiso do Goberno municipal co bo estado dos parques infantís. Na actualidade existen 138 áreas para nenos e nenas na cidade, que son inspeccionadas periodicamente por persoal técnico do Concello co fin de garantir o seu correcto mantemento e de implantar melloras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha