Aproveitando a redución do tráfico de vehículos, modificou os ciclos semafóricos da cidade co obxectivo de adaptalos á nova mobilidade. Trátase de ciclos máis curtos, que permiten mellorar a mobilidade e axilizar a circulación. Deste xeito, reduciranse os tempos de espera das persoas viandantes e das condutoras e condutores. Desde a Área de Mobilidade, sinalan que nos últimos anos se detectou unha diminución importante do tráfico en toda a cidade, unha redución que se fixo patente aínda máis debido á situación de pandemia pola COVID-19 durante este último ano. Esta situación, xunto con outras encamiñadas a mellorar a mobilidade peonil, implicou que fose necesario adaptar os plans de tráfico actuais a esta nova mobilidade.
34
