23
O Concello da Coruña aprobou este xoves, no pleno ordinario do mes de xullo, a proposta de Zonas de Especial Afluencia Turística na cidade, proposta que dotará dunha maior flexibilidade horaria aos comercios ubicados en ditas zonas.
A proposta do Goberno municipal, pasa por manter como Zona de Especial Afluencia Turística a Cidade Vella, a zona centro e as contornas de Riazor e da Torre (estaban en dita categoría desde hai cinco anos), sumando áreas novas como Monte Alto, ampliándose a zona da praza de Lugo ata a praza de Galicia e, desde esta última localización, ata a avenida Linares Rivas e a rúa Ramón de la Sagra. A ampliación obedece a sendas peticións cursadas polas asociacións de comerciantes deses ámbitos.