O Concello da Coruña amplíará as prazas de aparcamento para residentes na praza de Galicia

1 minutes read

O Concello ampliará as prazas de aparcamento destinadas ás persoas residentes na contorna da praza de Galicia. Debido ás obras de humanización da rúa Pintor Joaquín Vaamonde e á necesidade de aumentar o espazo de estacionamento para as persoas residentes na zona, o Concello considera necesario realizar certos cambios nas 32 prazas que o Tribunal Superior de Xustiza, TSX, tiña reservadas todos os días até o de agora nas rúas Ferrol, Notariado e Arcebispo Lago. Deste xeito, as persoas residentes na zona gañarán 22 destas 32 prazas para o seu uso todas as tardes de luns a venres, e as fins de semana, máis as que se sumarán co traslado do estacionamento de motos da praza de Galicia á rúa Notariado, que serán aproximadamente 3 ou 4.