O Concello da Coruña autoriza o paso dos taxis por San Andrés, Orzán e rúa Nova


Faino co fin de mellorar o servizo público e que poidan recoller e deixar persoas usuarias no destino exacto en que o solicitan. Desde o Goberno local, consideran que se debe permitir o paso destes vehículos nas ditas rúas peonalizadas co obxectivo de achegar as persoas residentes ás súas vivendas ou lugares de traballo e as persoas visitantes do edificio da sede da ONCE ao punto máis próximo á entrada do edificio dos Cantóns xa que moitas/os usuarias/os presentan discapacidades visuais. Desta forma, favorécese tamén a inclusión e auméntase a seguridade das persoas maiores.