O Concello da Coruña cobrará ás empresas de telefonía móbil pola ocupación do solo público

0 minutes read

As empresas de telefonía móbil que operan no termo municipal da Coruña terán que aboar unha taxa pola ocupación do solo público coas súas instalacións. O Concello regula a través das súas ordenanzas a ocupación do solo público por parte de empresas privadas, mais até agora as compañías de telefonía móbil estaban exentas ao non existir un regulamento propio. Dentro das medidas progresistas de xustiza fiscal promovidas pola alcaldesa, Inés Rey, figura a creación da nova ordenanza, que nos vindeiros días someterase a un período de exposición pública de 20 días e que entrará en vigor no 2022.