O Concello da Coruña comeza as obras de reforma da cuberta da piscina de Riazor

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, informou no transcurso da comisión informativa de Deportes do inicio das obras de reforma e rehabilitación da cuberta da piscina de Riazor. Os traballos foron adxudicados a Abeconsa por un importe de 253.792 euros e un prazo de execución de dous meses. Os traballos consisten na retirada da estrutura actual e a instalación dunha nova cuberta a unha auga con pendente do 10% realizada con panel sándwich sobre unha estrutura de madeira laminada, mantendo a inclinación cara á fachada do Frontón. Ademais, substitúense as xanelas da fachada sobre a bancada por unhas novas, con carpintería de aluminio, que tamén contribúen á mellora das condicións térmicas do recinto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha