O Concello da Coruña concede 2.510 bolsas comedor para o vindeiro curso

1 minutes read

Trátase dun 12,1% máis que o ano pasado e un 50,3% máis que hai tres anos. A concelleira de Benestar Social sinalou que «é a primeira vez que a lista definitiva sae en agosto dende que se tramita como unha subvención » e que «o período de tramitación desta convocatoria foi o máis curto dos últimos cinco anos». Neira destacou que «é moi importante que a listaxe saia en agosto xa que a maioría dos comedores realizan o proceso de inscrición este mes». Este ano empregáronse 77 días hábiles en resolver toda a convocatoria, incluíndo a valoración de solicitudes e a resolución das alegacións, o cal nos dá unha ratio de 44 expedientes por día.

A concellería recibiu un total de 3.390 solicitudes, tamén o maior número da historia, que supón un 6% máis que o ano pasado, e un 55,5% máis que hai tres anos. O Concello concedeu o 74% das solicitudes presentadas. Para facer fronte a este incremento de concesións, o Goberno de Inés Rey ampliou a asignación do programa de bolsas comedor destinando 2.125.000 euros.