O Concello da Coruña convida á cidadanía a sumarse ao reto #30DíasEnBici

1 minutes read

O reto #30DíasEnBici, que naceu como unha iniciativa cidadá para promover o uso cotián da bicicleta nas áreas urbanas, chega a súa novena edición apostando por un modelo de mobilidade que faga das cidades espazos máis amables, saudables e sostibles. A proposta é, en esencia, usar a bicicleta cada día durante o mes de abril, fomentando o hábito de empregar este medio de transporte nos desprazamentos por motivos funcionais. O impulso aos medios de transporte alternativos ao vehículo privado forma parte das políticas postas en  marcha neste mandato pola alcaldesa, Inés Rey. O executivo local destina este ano 1,5 millóns de euros á melloras no carril bici para facelo máis útil e seguro. Para sumarse ao reto #30DíasEnBici só é preciso asinar un compromiso, habilitado en liña desde o pasado día 1 de marzo e ata o vindeiro día 31.