O Concello da Coruña eleva ao 50 % o desconto no bus urbano


A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello da Coruña baixará novamente o prezo do bus urbano, que pasa a custar 0,38 euros por viaxe, un 50 % menos da tarifa establecida. Ao 30 % de desconto que se estaba a aplicar coa axuda do Estado, sumarase agora un 20 % de bonificación adicional.

A alcaldesa lamentou a falta de resposta da Xunta ao respecto das solicitudes cursadas desde o Concello para que contribuíse, como fan outras comunidades autónomas como Madrid ou Valencia, a abaratar o transporte público urbano. Finalmente, e ante a negativa autonómica a axudar co prezo do bus os coruñeses e coruñesas, será o Concello o que asuma o 20 % extra para poder manter as axudas estatais vixentes que se perderían se non se lles sumase a bonificación adicional aprobada este martes.