O Concello da Coruña humanizou máis de 29 rúas e prazas nos últimos doce meses

1 minutes read

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Ubanismo, Infraestruturas e Mobilidade, mellorou máis de 27.000 metros cadrados de áreas peonís na cidade, que afectan a máis de 29 rúas e prazas. Desta superficie intervida, 15.000 m² corresponden á zona norte da cidade, na zona sur actuouse en máis de 12.000 m². Estas intervencións foron executadas a través do Contrato de mantemento, conservación e reparación dos pavimentos de beirarrúas e áreas peonís da cidade.

Desde a concellería destacan, na zona norte da cidade, as obras levadas a cabo na rúa Sol, Vía Ártabra e na avenida de Gran Canaria. Canto ao ámbito de intervención do sur do municipio, as actuacións máis salientables son as das rúas Oidor Gregorio Tovar e Rianxo.