34
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o presidente da FREMSS, Juan Carlos Corrás, asinaron un convenio de colaboración entre o Concello e a entidade para a creación do selo distintivo «Peixe da Lonxa da Coruña», unha marca que permitirá identificar os peixes e mariscos procedentes do porto coruñés tanto en peixarías como en establecementos hostaleiros, e que contribuirá a poñer en valor mediante a súa identificación a excelencia do produto fresco procedente do porto coruñés. O novo selo irá acompañado da creación dun manual de boas prácticas que deberán cumprir todos os produtos identificados coa marca, que vinculará o produto local con criterios de calidade, cercanía, proximidade e sostibilidade.