A alcaldesa da Coruña Inés Rey, celebra que, aínda que 17 meses despois de presentada a solicitude por parte do Concello, a Xunta declarase agora a Casa Cornide como Ben de Interese Cultural. O Concello da Coruña incorporará dita declaración ao expediente co que acudirá aos xulgados para demandar a propiedade do ben, en mans da familia Franco desde 1962.
En decembro do 2019 o Concello creou tres grupos de traballo para preparar o expediente de declaración de BIC, un deles do Instituto Cornide, outro encabezado polo catedrático Vigo Trasancos e un terceiro de carácter xurídico encargado a tres catedráticos da UDC. No 28 de outubro do 2020 e xa cos informes rematados, o Concello solicitoulle á Xunta a declaración de BIC da Casa Cornide, que non se resolveu ata este xoves.