O Concello da Coruña iniciou as obras na rúa Newton, no polígono de Agrela


O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, comezou os traballos de reurbanización e mantemento na rúa Newton, no polígono de Agrela, para aumentar o número de prazas de estacionamento na zona e humanizar a contorna.

Na rúa Newton, unha das arterias principais do polígono, reordenaranse as zonas axardinadas ocupadas indebidamente por vehículos privados que estacionan en áreas verdes. Farase mediante a creación de sete novas áreas de aparcadoiro, baixo a fórmula lousa-céspede. Ademais, manterase a zona de itinerario peonil, seguro e accesible, e abordarase tamén a plantación de ábores na contorna.

As obras plantexadas neste proxecto, orientado á mellora ambiental e da mobilidade no polígono, foron solicitadas pola Asociación de Empresarios de Agrela.