O Concello da Coruña instala 129 bancos de madeira

O Concello, a través do Servizo de Infraestruturas, finalizou estes días a instalación de 129 bancos de madeira que mellorarán os equipamentos públicos de todos os barrios da Coruña e facilitarán a mobilidade e o lecer da cidadanía. O aumento das zonas de descanso propiciará a convivencia entre as e os veciños nunha aposta por crear espazos públicos de calidade en que o cidadán sexa o verdadeiro protagonista.

A incorporación dos bancos financiouse a través do Plan Provincial de Cooperación de Obras e Servizos da Deputación da Coruña por un importe de 36.336 euros. En concreto, as e os residentes dos Rosales dispoñen de oito novos elementos de descanso e na Rolda de Outeiro instaláronse outros 14. Novo Mesoiro conta con oito máis nun distrito en que Mesoiro estrea catro e Matogrande, sete. En Paseo de Rolda, poden verse até doce bancos de madeira nunha actuación que chegou até a estrada dos Fortes e a avenida Calvo Sotelo con seis e dez máis, respectivamente.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha