O Concello da Coruña inviste en varias melloras no barrio de Feáns


O Concello da Coruña vén de finalizar a actuación integral na rúa Laxe, unha vía do barrio de Feáns cuxa reforma foi demandada pola asociación veciñal e que conecta a zona con Novo Mesoiro. No ámbito do centro cívico do barrio, o Concello acometeu o acondicionamento da área recreativa. No cemiterio municipal de Feáns creáronse 76 novos nichos e 49 cinceiros. A alcaldesa Inés Rey acudiu a comprobar o resultado dos traballos e amosou o compromiso do Goberno municipal coa mellora das distintas infraestruturas do barrio. No que vai de mandato, o Concello investiu máis de 500.000 euros no barrio de Feáns a través de diferentes actuacións.