O Concello da Coruña mellora a iluminación nas Escravas con 20 novos puntos de luz

O Concello, a través da súa área de Infraestruturas, mellorou a calidade da iluminación nocturna do paseo marítimo, ao seu paso polas Escravas, con 20 novos puntos de luz, que xa están instalados e operativos. Con esta intervención o Goberno de Inés Rey mellora a seguridade viaria nunha zona moi transitada pola cidadanía e que conta ademais cun carril bici de recente creación.

Nos últimos días instaláronse 13 novos puntos de luz na zona peonil onde se atopa o citado carril bici. A potencia de cada un destes puntos de luz é de 38 vatios e están a unha altura de 4 metros sobre columnas. Ademais, instaláronse outros sete na zona lateral, que vai en dirección aol andén de Riazor, e contan cunha potencia de 34 vatios.

En total, 20 puntos de luz de nova creación que lle permitirán á cidadanía ter unha maior visibilidade na contorna en horario nocturno. Esta zona do paseo marítimo acumula durante todo o ano un denso tránsito peonil e ciclista, polo que o Goberno de Inés Rey decidiu acometer esta actuación de mellora.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha