A actuación sigue a liña doutros traballos executados polo Goberno local de crear entornos escolares seguros. Na contorna, ademais do colexio, tamén se atopa o polideportivo municipal do San Francisco Javier e a praza da Cubela, espazos usados a diario por moitos mozos e mozas. A obra consistirá na ampliación da beirarrúa no acceso ao colexio, onde se instalará unha varanda para conter a saída de escolares directamente á calzada e mellorar deste xeito a súa seguridade. Crearanse, ademais, dous pasos de peóns elevados, na confluencia entre a rúa Roberto Tojeiro Díaz e a rúa San Diego. Por outra banda, as prazas de aparcadoiro situadas á esquerda no primeiro tramo desta rúa quedarán en batería. A actuación non lle afectará ao número de estacionamentos desta vía grazas a esta nova configuración.
50