O Concello da Coruña pon en marcha “BeB escena”


Este ciclo de teatro ten a vontade de potenciar a sensibilidade e a intelixencia emocional dos bebés, polo que está dirixido a público de entre 1 e 5 anos.

Trátase dun valioso estímulo que lles permite desenvolver a súa imaxinación e que os axuda a construír a súa realidade.

Ademáis, o ciclo permite achegar as crianzas desde os seus primeiros anos de vida ao mundo da cultura e a creación

VENDA DE ENTRADAS

DESPACHO CENTRAL DA PRAZA DE OURENSE: de luns a venres, agás festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h

DESPACHO DE ÁGORA: aberto só os días de función, desde unha hora antes (só se quedan entradas dispoñibles)

TELEVENDA: 902 044 226 (de luns a venres de 9.00 a 22.00 h, sábados de 14.00 a 22.00 h e domingos de 16.00 a 21.00 h) ou web: www.ticketea.com