O Concello da Coruña pon en marcha o Bosque de Breogán

Trátase dun novo espazo de 27.000 metros cadrados situado entre a Urbanización Breogán e o cemiterio de Feáns. Este parque urbano permitirá aos veciños e veciñas da propia urbanización, de Feáns, Mesoiro e Novo Mesoiro gozar dunha zona de recreo natural con diferentes sendas e mobiliario apto para todas as idades. O proxecto, que forma parte dos plans de expansión de zonas verdes postos en marcha polo Goberno de Inés Rey, ten prevista a creación de zonas para pasear, zonas de prado e observación, espazos boscosos e a dotación de equipamento deportivo nalgún punto. Os sendeiros sumarán en total case un quilómetro de percorrido coa creación de 912 metros de novos camiños, con firme axeitado para o lugar. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha