O Concello da Coruña reforza o seu compromiso coa seguridade promocionando a 12 policías locais

A alcaldesa da cidade, Inés Rey, felicitou as e os novos oficiais da Policía Local e agarda que continúen a ser «unha extensión do propio Concello» para «seguir defendendo as ordenanzas municipais, velar pola seguridade da veciñanza e garantir o servizo público».

As e os novos oficiais foron recibidos no pazo municipal de María Pita pola rexedora, o concelleiro de Seguridade Cidadá, Juan Ignacio Borrego; o concelleiro de Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas; e o responsable da Área de Seguridade Cidadá, Carlos García Touriñán.

No que vai de ano, ademais destes ascensos, tamén promocionaron 3 oficiais da Policía Local a inspectores.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha