0
As obras centráronse no sector norte desta rúa, tramo que conecta con San Andrés e Galera. A superficie na que se actuou, de aproximadamente 700 metros cadrados, abrangue os dez caños situados no percorrido central da rúa Torreiro, ata o de agora construídos a base de pezas de pizarra agás nas súas interseccións entre caño e caño, onde se empregou granito do país. É precisamente este último material o que se implantou na totalidade da rúa, pola súa resistencia e utilidade fronte ao desgaste e ante o paso do tempo. Deste xeito, o Goberno de Inés Rey aumenta a seguridade peonil na contorna e renova de maneira íntegra unha rúa de elevado tránsito peonil e de carga e descarga.