O Concello da Coruña repartirá 36.500 máscaras doadas pola Delegación do Goberno

0 minutes read

A alcaldesa, Inés Rey, recibiu unha doazón de 36.500 máscaras protectoras por parte da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, na sede da Delegación do Goberno.

Este lote de material sanitario comezará a ser repartido entre o persoal dos servizos municipais, das empresas concesionarias e dos sectores máis vulnerables da cidade. Ademais, o concello anunciará nos vindeiros días novos repartos de material sanitario aos sectores que proximamente deberán iniciar a desescalada.

Inés Rey agradeceu «a doazón deste material sanitario, que se achegarán tanto ás empresas que traballan prestando servizos municipais, como aos colectivos máis vulnerables».