As preinscricións están abertas ata o día 11 de setembro. Esta convocatoria concrétase en 43 obradoiros no Fórum Metropolitano con 985 prazas dispoñibles e 51 obradoiros no Centro Ágora con 1.030 vacantes. As actividades comezarán o 1 de outubro e rematarán o 23 de decembro. A preinscrición será de xeito telemático, a través dun formulario dispoñible na web de Cultura. O obxectivo do Goberno local que dirixe Inés Rey a través desta nova convocatoria do Programa de Lecer Outono 2021 é ofrecer a máxima calidade, coma ao longo dos 20 anos que leva implantada esta iniciativa, co fin de dar resposta á necesidade de gozar do tempo libre con actividades de carácter cultural que fomenten a participación activa e o contacto con outras persoas afíns en gustos culturais.
30