O Goberno local concedeu ata 101 licenzas urbanísticas entre o 5 de marzo e o 21 de abril, e a pesar das dificultades que supón a súa tramitación no estado de alarma decretado pola pandemia sanitaria. Neste sentido é de destacar o esforzo das empregadas e dos empregados públicos, que nesta situación foron quen de resolver no mesmo período máis de 300 expedientes, en concreto 323, entre os que destacan as 101 licenzas; 126 obras en réxime de comunicado, así como exercicios de actividades e prórrogas.
Deste volume de actividade na Concellería de Urbanismo, que supón un importante impacto económico para a cidade, tomou coñecemento a Xunta de Goberno en sesión extraordinaria e urxente. Trátase de actuacións que servirán para dinamizar o tecido produtivo da cidade, reactivarán a economía local e paliarán as consecuencias do parón pola crise do coronavirus.
Ademais, a xunta local da licenza para a construción dun edificio de 69 vivendas na Gaiteira, outro de 30 pisos na zona de Náutica, e autoriza a construción de 16 vivendas na rúa Rey Abdullah.