O Concello da Coruña unifica os contratos da limpeza dos edificios municipais


O obxectivo deste novo contrato é establecer unhas condicións de traballo semellantes para todo o persoal da limpeza, contribuíndo a dignificar unha actividade na que abundan os contratos temporais e por horas, e garantindo así unha maior calidade no emprego. Ata o de agora a prestación levábana a cabo distintos servizos con criterios e condicións moi dispares, primando o prezo e ofrecendo condicións de escasa calidade laboral, moita temporalidade e contratos a tempo parcial ou por horas aos empregados e empregadas.

“O colectivo da limpeza era un dos grandes olvidados na aplicación de melloras laborais, e o Goberno de Inés Rey ten a intención de aplicar ditas melloras para axudar a dignificar esa profesión con condicións que faciliten a vida das persoas”, sinalou o concelleiro de Economía, Facenda e Réxime Interior, José Manuel Lage Tuñas. Este novo contrato ven precedido dun acordo entre sindicatos e patronal no que intercedeu o propio goberno municipal.