O Concello da Coruña urxe á Xunta a asinar o convenio definitivo do Mercado de Santa Lucía

Despois de seis meses agardando pola sinatura do convenio do Mercado de Santa Lucía, o Goberno local valora o interese amosado pola Xunta tras amosar uns planos municipais que xa foron presentados hai meses á asociación de veciños. O Goberno que dirixe Inés Rey lembra que o documento técnico xa foi acordado o pasado verán cos técnicos do Sergas, polo que agarda que a urxencia sexa real e que se asine canto antes o convenio, que non conta cunha partida concreta nos orzamentos do ente autonómico para este exercicio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha