O Concello da Coruña xestionará, xunto coas entidades deportivas, a base náutica de Oza

A Xunta de Goberno Local aprobou as condicións da concesión que permitirá construír unha base náutica nas antigas instalacións de Varadeiros Valiña, en Oza, logo de que Demarcación de Costas lle autorizase ao Concello o uso público destes terreos por dez anos, prorrogables a 50 anos como máximo. Serán preto de 7.600 metros cadrados, que se utilizarán para lles dar cabida ás distintas especialidades náuticas da cidade. O concello xestionará as instalacións, sempre en colaboración coas entidades deportivas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha