O concello da Laracha abre un proceso de selección para contratación de persoal

Concello da Laracha

  • En concreto seleccionarase un arquitecto técnico

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publica este martes as bases do proceso selectivo convocado polo Concello da Laracha para a formación dunha lista de emprego no posto de arquitecto técnico para posibles nomeamentos interinos ou contratacións laborais temporais.

Os candidatos deben estar en posesión do título de arquitecto técnico ou equivalente, e poderán acceder a este posto a través dun concurso, no que se valorarán a experiencia profesional e a formación de cada un dos aspirantes.

O prazo para presentar as instancias para poder participar no procedemento é de dez días naturais a contar a partir do mércores 4 de setembro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha