O de maior entidade localízase na estrada de Montemaior que comunica os núcleos Goexe e O Lorteiro e vai ser executado por Excavaciones y Obras Candal S.L., que presentou a mellor proposta entre as seis licitadoras. Está valorado en preto de 135.000 euros e será cofinanciado pola Consellería do Medio Rural a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dentro do Plan Camiña Rural 2025-2026.
A ampla actuación prevista afecta a unha lonxitude aproximada de 1.650 metros, nos que se vai ampliar a plataforma da calzada, renovar a superficie de rodadura dos vehículos cunha capa de aglomerado asfáltico, optimizar a rede de recollida de pluviais e incrementar a sinalización. A intervención mellorará sensiblemente as comunicacións entre os citados núcleos de poboación e aumentará a seguridade viaria ao facilitar o tránsito ao dotar á estrada cunha capa de aglomerado e ensanchala especialmente nas zonas de curvas, favorecendo o cruce dos vehículos.
O outro proxecto localízanse no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón. Vaise renovar a superficie de rodadura da estrada, incluíndo a limpeza das cunetas e a sinalización horizontal. Neste caso a intervención está valorada en 48.000 euros e será cofinanciada pola Deputación da Coruña dentro do Plan Único Concellos. Houbo oito empresas que concorreron ao procedemento de contratación e a execución foi adxudicada a Construcciones Ponciano Nieto S.L.