Canarga S.L. será a empresa encargada das actuacións dun tramo da rúa Campo da Feira da vila de Paiosaco consistentes na renovación completa do pavimento, para o que será preciso acometer un fresado parcial que resolva os cuarteamientos producidos polo uso da vía durante os últimos anos e deixe a superficie de rodadura nas mellores condicións.
O proxecto tamén contempla a sinalización horizontal e o novo marcado das prazas de estacionamento de vehículos. Ao tratarse dun espazo integrado no recinto feiral, inclúese o repintado dos postos de venda nese sector.
A intervención suporá un investimento superior aos 42.000 euros que se destinarán a mellorar as condicións do pavimento nunha zona céntrica, residencial e comercial de Paiosaco.
Trala adxudicación, nos próximos días procederase á formalización do contrato como trámite previo ao inicio das obras.