O Concello da Laracha amplía a beirarrúa na marxe esquerda da DP-2404

Este venres comezou a execución do proxecto de ampliación das beirarrúas na marxe esquerda da estrada DP-2404 por parte da empresa larachesa Construcciones J. Esmorís e Hijos.

A obra é promovida polo Concello para dar continuidade a ese espazo peonil e mellorar a accesibilidade e a seguridade no ámbito de actuación, situado xunto a vivendas residenciais e moi próximo á área de recreo canino da Laracha.

O novo tramo de beirarrúa terá unha amplitude superior aos dous metros. A intervención tamén inclúe a adaptación á nova rasante tanto do acceso á vivenda como das arquetas dos rexistros dos diferentes servizos de telecomunicacións, gas natural, electricidade, auga, etc.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha