O Concello da Laracha convoca a unha reunión aos titulares das parcelas afectadas pola ampliación do polígono

O Concello vai realizar o martes 3 de marzo ás 18:30 horas na Casa da Cultura unha reunión informativa dirixida exclusivamente ás persoas titulares das parcelas afectadas pola aprobación inicial do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial para a ampliación do parque empresarial da Laracha.

A reunión ten carácter exclusivo para os propietarios incluídos no ámbito do plan, dado que son os directamente afectados polo procedemento actualmente en tramitación. As persoas ás que se convocada están a recibir nestes días a comunicación do Concello para garantir que todas elas dispoñan da información necesaria e poidan asistir á reunión, se así o consideran oportuno.

A convocatoria prodúcese trala notificación realizada pola Xunta de Galicia aos titulares das referencias catastrais afectadas e a apertura do correspondente período de información pública para remitir contribucións e opinións. Neste contexto, o Concello considera conveniente complementar ese trámite cun espazo presencial no que explicar de maneira clara o contido do plan e o estado do procedemento.

Durante o encontro trasladarase a información dispoñible sobre a ordenación prevista, aclararanse cuestións técnicas e administrativas e ofrecerase orientación sobre o proceso de presentación de observacións ante a Xunta dentro do prazo establecido, que remata o 11 de marzo. A asistencia é voluntaria, e en ningún caso substitúe os trámites individuais que cada titular poida exercer no marco do procedemento legalmente regulado.

Un proxecto estratéxico para o futuro da Laracha

A ampliación do parque empresarial constitúe unha actuación de relevancia para o desenvolvemento económico e social da Laracha. O alto nivel de ocupación actual do polígono evidencia a necesidade de dispoñer de novo solo industrial que permita atender a demanda existente, favorecer a implantación de novas empresas e facilitar o crecemento das xa asentadas no municipio. Desde o Concello enténdese que este proxecto reforzará a posición

Related posts

O Plan Único acumula 150,6 millóns de euros e 764 obras na Costa da Morte desde a súa creación

Un home de 55 anos morre atropelado no polígono do Tambre, en Santiago

A Xunta e o Concello de Fisterra analizan vías de colaboración para o desenvolvemento turístico