O Concello da Laracha coopera na retirada dos pélets da praia de Caión

Desde que se detectou a chegada de pélets á praia de Caión, o Concello ten mobilizada unha brigada municipal de limpeza que leva desde ese día actuando para retiralos do areal.

Este pasado xoves incorporouse tamén ao traballo en Caión un equipo de Tragsa que foi mobilizado pola Xunta de Galicia e que xa actúa en coordinación cos citados operarios municipais.

Os labores estanse a realizar por medios exclusivamente manuais e sen maquinaria para tratar de evitar, na medida das posibilidades, que os pélets queden soterrados e retirar da praia a menor cantidade de area.

O material recollido está a ser almacenado e custodiado polo Concello para derivalo ao punto de tratamento correspondente unha vez sexa indicado polas autoridades competentes.

Xornada de voluntariado para a sensibilización e limpeza de microplásticos

Paralelamente, o Concello colabora coa Asociación Ambiental Senda Nova na organización de Xornadas de voluntariado para a sensibilización e limpeza de microplásticos.

As persoas que desexen participar poden anotarse enviando os seus datos persoais ao completo -para a tramitación do seguro correspondente- por whatsapp aos teléfonos 611037617 ou 654887468, ou ben por correo electrónico a sendanova@hotmail.com.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha