O Concello da Laracha desinfecta rúas e contedores

1 minutes read

O Concello está a actuar na limpeza e desinfección de espazos públicos por dúas vías diferentes, por un lado, unha empresa de desinfección especializada acude dúas veces por semana aos puntos máis concorridos dos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión, centrándose especialmente no entorno do centro médico, entidades bancarias, supermercados e establecementos de venda de alimentos e infraestruturas municipais como o edificio administrativo.

Ademais, dous equipos de Protección Civil actúan continuadamente na desinfección das rúas das tres vilas e tamén na limpeza dos contedores de recollida de residuos sólidos urbanos tantos na zona urbana como na rural. Neste sentido, dende o Concello informan de que non deben pecharse as tapas dos contedores que estean abertas, xa que os servizos de recollida e desinfección as deixa así para evitar o contacto por parte dos usuarios.

Protección Civil da Laracha actuando na desinfección de contedores de lixo na zona rural de A Fraga (parroquia de Soandres).