O Concello da Laracha e Xarope renovan a colaboración coa Asociación Amigos de los Perros

  • A entidade acolle cans abandonados en diferentes municipios de Bergantiños

O Concello da Laracha e o hospital veterinario Xarope doaron á Asociación Amigos de los Perros (Protectora de Carballo) 400 quilos de penso con dous obxectivos claros: colaborar coa entidade e mostrar o seu apoio ao labor que desenvolve en diferentes municipios da comarca de Bergantiños.

O alcalde, José Manuel López Varela, acompañado do tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e do responsable da clínica Xarope, fixo entrega dos sacos de comida á representante da asociación nas propias instalacións do centro veterinario situado na larachesa rúa Santa Lucía.

Amigos de los Perros xestiona un centro de acollida en Carballo e realiza unha importante función de acollida de cans abandonados na Laracha e noutros municipios próximos. Esta entidade ofrece a posibilidade a calquera particular que así o desexe de adoptar cans con todas as vacinas ao día e o correspondente microchip.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha