Cinco toneladas de sal nas estradas da Laracha para evitar placas de xeo

Imagen de archivo de hielo en las carreteras_PIXABAY

  • A vía de acceso a Quintáns pechouse ao tráfico por danos na súa estrutura provocados polo temporal

O Concello da Laracha activou este pasado 7 de xaneiro un plan específico de mantemento das estradas de titularidade municipal durante esta onda de frío. Nese plan inclúense varias actuacións que se realizaron de forma complementaria e que continuarán durante a fin de semana.

Por unha parte, o Concello contratou dúas empresas especializada no emprego de maquinaria para estender sal nas principais rúas da localidade, facendo especial fincapé en todas as rutas de transporte escolar e priorizando as vías situadas en zonas de interior e nos puntos de maior altitude.

Ao mesmo tempo, empregados do servizo de limpeza da rede viaria, operarios municipais e efectivos de Protección Civil aportaron sal nas beirarrúas dos núcleos urbanos, especialmente nas zonas de maior circulación de persoas como os accesos ao centro médico da Laracha.

En total, despois de dous días de desenvolvemento desta campaña xa foron estendidas cinco toneladas de sal nas vías larachesas.

Corte da estrada de acceso a Quintáns
A vía que comunica a estrada DP-2404 desde O Formigueiro ata Quintáns (parroquia de Vilaño) foi pechada á circulación debido a que a acumulación de auga causada polos temporais dos últimos días provocou danos na súa estrutura. O acceso alternativo faise polo núcleo de A Ribela.

O Concello xa iniciou os trámites para comunicar a situación a Augas de Galicia e solicitar a autorización para reconstruír a canalización pola que discorre o regato.

Estrada de acceso a Quintáns_Concello da Laracha

Related posts

A Deputación da Coruña apoia o traballo de Senda Nova e de Mar de Fábula, entre outras 20 asociacións medioambientais

O alcalde da Laracha participou no Senado no Acto do sétimo aniversario da Manifestación da España Vaciada

Vieiro imparte en Aspaber o seu programa “O Triángulo da Saúde”