O Concello da Laracha fai un chamamento á cidadanía para un consumo responsable da auga

Trala declaración por parte de Augas de Galicia da prealerta por escaseza moderada de auga no sistema do río Anllóns, o Concello da Laracha fai un chamamento á cidadanía para un consumo responsable que contribúa a manter o caudal ecolóxico

Solicítase aos laracheses que activen medidas de aforro e eviten usos innecesarios mediante accións como, por exemplo restrinxir as regas, limitar o lavado de vehículos -a excepción das empresas dedicadas a esa actividade-, non empregar auga potable para o enchido das piscinas particulares ou reutilizar a auga para outros usos.

O Concello ten suspendida a rega nas zonas verdes públicas desde primeiros deste mes de setembro, o que se manterá durante a situación de prealerta.

Related posts

A Laracha aproba en Pleno a renovación da composición do comité de irmandamento con Les Sables d´Olonne

O PSdeG anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs de Bergantiños

En marcha en Malpica unha campaña de castración e implantación de microchip para gatos