O Concello da Laracha licitou o proxecto de mellorada da estrada de Goexe ao Lorteiro, en Montemaior

A actuación está incluída no Plan Camiña Rural 2025-2026 impulsado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), dependente da Consellería do Medio Rural.

A ampla actuación proxectada afecta a unha lonxitude aproximada de 1.650 metros, nos que se vai ampliar a plataforma da calzada, renovar a superficie de rodadura dos vehículos cunha capa de aglomerado asfáltico, optimizar a rede de recollida de pluviais e mellorar a sinalización para aumentar a seguridade viaria.

Esta estrada dá servizo a máis de trinta parcelas agrícolas que son xestionadas por varias explotacións, polo que mellorar a estrada, ademais de favorecer as comunicacións entre os citados núcleos de poboación, tamén facilitará a actividade agrogandeira e o tránsito da maquinaria e dos vehículos agrícolas.

O proxecto está valorado en preto de 135.000 euros, dos cales Agader achegará máis de 88.000 euros e a parte restante será financiada polo Concello con fondos municipais.

Toda a documentación relativa a este proxecto está dispoñible para a súa consulta na Plataforma de Contratación del Sector Público. O prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o 21 de agosto.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte